Te Wahipounamu
Aparencia
Coordenadas: 45°02′10″S 167°19′12″L / -45.03611, -167.32000
Te Wahipounamu | |
---|---|
Os 4 parques nacionais de Te Wahipounamu. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Nova Zelandia |
Localización | Illa Sur |
Tipo | Natural |
Criterios | vii, viii, ix, x |
Inscrición | 1990 (14ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Oceanía |
Identificador | 551 |
Te Wāhipounamu (en lingua maorí "o lugar das augas da pedra verde", pola abundancia de auga e unha variedade de xade verde que chaman pounamu) é parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1990. Atópase na zona suroeste da Illa Sur de Nova Zelandia e abrangue unha superficie de 26 000 km². Está composto por catro parques nacionais, que son:
- Parque Nacional Aoraki/Mount Cook
- Parque Nacional de Fiordland
- Parque Nacional do Monte Aspiring
- Parque Nacional Westland
Pénsase que acolle algunhas das mellores representacións modernas da flora e a fauna de Gondwana, sendo un dos motivos polos que foi catalogado como un sitio Patrimonio da Humanidade.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Te Wahipounamu |