Mosteiro de Sanahin
Coordenadas: 41°05′14″N 44°39′58″L / 41.087222, 44.666111
Mosteiro de Sanahin | |
---|---|
Vista do mosteiro | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Armenia |
Localización | Sanahin |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv |
Inscrición | 1996 (XX edición) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 777 |
O mosteiro de Sanahin (en armenio: Սանահին վանք; Sanahin vank) é un mosteiro medieval do século X que se atopa en Sanahin, Armenia.[1] O nome Sanahin tradúcese literalmente do armenio como 'este é máis vello ca aquel', presumiblemente representando unha afirmación de ser un mosteiro máis antigo ca o veciño mosteiro de Haghpat. As dúas aldeas e os seus mosteiros son semellantes en moitos aspectos, e atópanse á vista o un do outro nunha formación de meseta diseccionada, separadas por unha profunda fenda formada por un pequeno río que desemboca no río Debed.
O mosteiro de Sanahin, xunto co mosteiro de Haghpat, foron considerados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.[2][3][4] Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron elixidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO porque:
Os dous complexos monásticos representan o máis alto florecemento da arquitectura relixiosa armenia, cuxo estilo único desenvolveuse a partir dunha mestura de elementos da arquitectura eclesiástica bizantina e a arquitectura vernácula tradicional da rexión caucásica.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 UNESCO, "Monasteries of Haghpat and Sanahin"
- ↑ "Monasteries of Haghpat and Sanahin". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ "Monasteries of Haghpat and Sanahin (Documents)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2021.
- ↑ "The monastery of Haghpat" de Elisabeth Baudourian, UNESCO Courier, maio de 1998
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Sanahin |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sanahin Monastic Complex - Lori (en inglés)
- Monasteries of Haghpat and Sanahin UNESCO collection on Google Arts and Culture (en inglés)