Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1817 Ermua, España |
Morte | 21 de abril de 1891 (73 anos) Ermua, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , aristócrata , militar , militar carlista |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Primeira guerra carlista, Carlist landing in La Ràpita (en) e Terceira Guerra Carlista |
Familia | |
Fillos | José María de Orbe y Gaytán de Ayala (en) , Cándido de Orbe y Gaitán de Ayala (en) |
Pai | José María de Orbe y Elío |
Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca, nado en Ermua o 2 de maio de 1817, e finado en ibídem o 21 de abril de 1891, foi o cuarto marqués de Valde-Espina (1850-1891) e un político e militar vasco.
Biografía
[editar | editar a fonte]Único fillo do mariscal de campo carlista José María de Orbe y Elío que chegou a idade adulta. Durante a súa mocidade loitou ás ordes do seu pai nas súas campañas durante a Primeira Guerra Carlista. Tras o Convenio de Bergara de 1839, que o marqués de Valde-Espina non aceptou, exiliouse co seu pai en Francia. Tiña 22 anos de idade e alcanzara o grao de comandante. Á morte do seu pai en 1850 convértese en marqués de Valdespina e herda o papel relevante que este tivera no movemento carlista.
En 1860 participa no errado Alzamento carlista de San Carlos da Rápita. Tras a Revolución de 1868 que derroca á raíña Isabel II de España pasa a ocupar un posto político relevante no carlismo vasco. En 1871, é elixido senador por Biscaia representando ao carlismo (Comuñón Católico-Monárquica) durante o Sexenio Democrático. Pouco despois, primeiro en 1872 e logo en 1873 alzouse en armas apoiando o carlismo durante a Terceira Guerra Carlista (coñecida como Segunda Guerra Carlista no País Vasco). Durante esta guerra foi xefe do estado maior carlista. Chegou a ser comandante xeral de Biscaia e tenente xeneral. Ó acabar a guerra en 1876 volveu exiliarse en Francia. Regresou de novo a España en 1880, converténdose no xefe político do carlismo no País Vasco e Navarra.
En 1891, pouco antes da súa morte, o pretendente carlista Carlos María de Borbón e Austria-Leste nomeouno a título honorífico capitán xeneral. Juan Nepomuceno de Orbe tivo dous fillos, José María e Cándido María, que foron tamén destacadas figuras do carlismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gaytán de Ayala Artázcoz, Antonio. Parientes mayores de Guipúzcoa: señores del palacio casa-fuerte de Murguía en Astigarraga. Revista Internacional dos Estudos Vascos = Revue Internationale des Etudes Basques, Eusko Ikaskuntza, París 1934.