Saltar ao contido

O gran ditador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gran ditador
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Great Dictator
DirectorCharlie Chaplin
Wheeler Dryden
ProdutorCharlie Chaplin
GuiónCharlie Chaplin
IntérpretesCharlie Chaplin
Paulette Goddard
Jack Oakie
Reginald Gardiner
Henry Daniell
Carter De Haven
Grace Hayle
Maurice Moscovitch
Billy Gilbert
MúsicaCharlie Chaplin
Meredith Willson
FotografíaRollie Totheroh
Karl Struss
MontaxeWillard Nico
DistribuidoraUnited Artists
Estrea1940
Duración124 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, Nazismo
Orzamento$2 000 000
Recadación$5 000 000
Na rede
IMDB: tt0032553 Filmaffinity: 155010 Allocine: 2253 Rottentomatoes: m/great_dictator Mojo: greatdictator Allmovie: am6819 TCM: 76858 TV.com: movies/the-great-dictator BNE: XX4582948 Editar o valor en Wikidata

O gran ditador (en inglés: The Great Dictator) é un filme dirixido por Charlie Chaplin e Wheeler Dryden que se estreou en 1940.

Ó final da primeira guerra mundial un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. Os tempos cambiaron. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.

Unha das mozas do Ghetto, a bela Hannah, defende ó barbeiro cando é atacado por membros das forzas de seguridade de Hynkel. Ambos namóranse e deben padecer os atropelos da ditadura, aínda que teñen esperanza por ter a protección de Schultz, que recoñeceu ó barbeiro. Por outra banda, Hynkel trata de conseguir financiamento dun banqueiro xudeu para levar a cabo as súas ambicións de dominación global.

O rexeitamento do préstamo por parte do banqueiro xudeu motiva a reanudación da opresión no Ghetto, Schultz cae en desgraza por encararlle a súa falta de humanidade ó ditador e por ocultarse cos xudeus. A persecución fai que o barbeiro e Schultz sexan enviados a un campo de concentración.

Hynkel decide invadir Osterlich, pero a intromisión do líder de Bacteria, Benzino Napaloni, obrígao a invitalo e ser diplomático, o cal desemboca nunha ridícula guerra de comida e pasteis entre os dous ditadores.

Hannah e as persoas do Ghetto foxen cara Osterlich, pero ó pouco iníciase a invasión dende Tomania. Entón, ó escapar o barbeiro e Schultz, Hynkel será detido por erro polas súas propias tropas, polo seu gran parecido co barbeiro, e este será tomado por Hynkel e conducido a dar un discurso sobre o inicio da conquista do mundo.

En vez diso, o barbeiro da un discurso alentando á humanidade a abandonar a mecanización do home, as ditaduras, a discriminación e a recuperar a humanidade. Hannah, na súa casa, arrasada de novo polos invasores, dirixe a súa ollada ó ceo con esperanza, e sobre esa faciana péchase a pantalla.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os principais personaxes políticos fan referencia a:

Ano Premio Categoría Resultado
1940 Círculo de Críticos de Cine de Nova York Mellor actor (Charles Chaplin) Gañador
1941 Premios Oscar Mellor película Nomeada
Mellor guión orixinal Nomeada
Mellor actor principal (Charles Chaplin) Nomeado
Mellor actor secundario (Jack Oakie) Nomeado
Mellor banda sonora orixinal (Meredith Willson) Nomeada
1961 Premios Kinema Junpo Mellor película estranxeira Gañadora
1974 Premios Jussi Mellor cineasta estranxeiro (Charles Chaplin) Gañador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]