Mario Rico
Mario Rico Cobas, nado en Ferrol en 1903 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Ferrol, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (32/33 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFoi un dos creadores do Sindicato General de la Industria Naval da CNT e da Federación Comarcal de Sindicatos Únicos de Ferrol en 1931. Dirixiu o periódico Cultura Proletaria, colaborou en El Gráfico, Solidaridad Obrera e CNT e estreou varias obras de teatro de temática social. Participou con Enrique Fernández no Pleno de Xixón para artellar a Federación Nacional de la Industria Metalúrgica. Aliñouse coa corrente máis moderada da CNT e afiliouse en 1934 ao Partido Sindicalista, participando como representante do Partido en varios mitins de propaganda do Estatuto en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado nun monte de San Felipe o 18 de agosto de 1936.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 210–211. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externas
editar- Mario Rico na base de datos do proxecto Nomes e voces.