Camilo Cienfuegos
Camilo Cienfuegos Gorriarán, nado o 6 de febreiro de 1932 na Habana e finado o 28 de outubro de 1959 nun accidente aéreo, foi un revolucionario cubano e unha das principais figuras da Revolución cubana. Peza clave na toma da cidade de Yaguajay na ofensiva final revolucionaria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1932 A Habana (República de Cuba) |
Morte | p. 28 de outubro de 1959 (27 anos) Océano Atlántico, presumiblemente |
Causa da morte | accidente de aviación, presumiblemente |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba España |
Actividade | |
Ocupación | político , revolucionario , oficial |
Partido político | Movemento do 26 de xullo |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | general de exército (pt) |
Conflito | Revolución cubana |
Familia | |
Irmáns | Osmany Cienfuegos Gorriarán |
Foi coñecido cos apelativos de O comandante do pobo, O señor da vangarda, Heroe de Yaguajay ou O heroe do sombreiro alón e foi un dos líderes revolucionarios máis queridos e máis chorados polo pobo a causa da súa extracción humilde e o seu carácter xovial.
Biografía
editarXuventude
editarNaceu no barrio de Jesús del Monte, fillo de Ramón Cienfuegos Flores e Emilia Gorriarán Zaballa, anarquistas orixinarios de Pravia (Asturias) e Castro Urdiales (Cantabria). Comezou a estudar na Escola Pública Nº 96 San Francisco de Paula na Habana, e tras varios cambios de domicilio debidos á mala situación económica da familia acabou na barriada de Lawton a rematar os estudos primarios na Escola Pública Nº 105 Félix E. Alpízar.
Comezou a involucrarse nas loitas sociais en 1948 participando nas protestas contra o aumento dos prezos do autobuses urbanos.
Granma
editarEn setembro de 1956 atopábase en México, onde entrou en contacto con Fidel Castro e o Movemento 26 de Xullo, que dende o exilio estaba organizando unha expedición revolucionaria a Cuba para derrocar o réxime de Fulgencio Batista. Ao pouco comezou a adestrarse en guerra de guerrillas e prácticas de tiro no campamento de Abasolo (estado mexicano de Tamaulipas) e incorporouse á expedición do iate Granma.
O Granma partiu o 25 de novembro con 82 expedicionarios a bordo, entre os que ademais de Fidel e Camilo ían futuras figuras da loita revolucionaria coma Juan Almeida, Raúl Castro, Ramiro Valdés ou Ernesto Che Guevara.
O 2 de decembro desembarcaba a dous quilómetros da praia Las Coloradas, onde encallou o barco polo que se perdeu gran parte do material transportado.
Lembranza
editarNa súa honra tódolos 28 de outubro os escolares cubanos botan flores ao mar, esta iniciativa foi creada polo Che.
A Universidade de Matanzas leva como nome Camilo Cienfuegos na súa honra[1].
No ano 2009 instalouse unha escultura metálica na fachada do edificio do Ministerio da Informática e as Comunicacións, na Praza da revolución da Habana reproducindo o retrato de Camilo Cienfuegos, parella da escultura similar co retrato do Che noutro edificio da mesma praza[2]. O seu retrato tamén aparece nos billetes de vinte pesos cubanos[3], a imaxe do Monumento a Camilo tamén aparece nos de vinte pesos convertíbeis[4].
En 1959 foi renomeada a localidade ata entón coñecida coma Central Hershey, no concello de Santa Cruz del Norte (Provincia da Habana), coma Central Camilo Cienfuegos[5].
En Yaguajay está localizado o Museo Nacional Camilo Cienfuegos, como parte do complexo arquitectónico da Praza da Revolución da cidade[6].
En 2013 con motivo do 54 aniversario da súa desaparición inaugurouse un monumento na avenida Finlay da cidade de Camagüey, esta avenida une a cidade co Aeroporto Internacional Ignacio Agramonte, onde se lle viu por última vez en 1959 antes de engalar[7].
Notas
editar- ↑ http://www.ecured.cu/index.php/Universidad_de_Matanzas_Camilo_Cienfuegos
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014.
- ↑ Lonely Planet (2009)
- ↑ http://www.ecured.cu/index.php/Museo_Nacional_Camilo_Cienfuegos
- ↑ http://www.juventudrebelde.cu/cultura/2013-05-02/realizaran-monumento-a-camilo-cienfuegos-en-camaguey/
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Cienfuegos |